O Corgo, domingo, 22 de outubro de 2017

IX CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO. MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 155 inscritos 11:30 5,3 km 19/10/2017 3,00 plazas
XUV - CAD 17 inscritos 11:00 3,55 km 19/10/2017 0,00 plazas
ALEV - INF 38 inscritos 10:40 1,8 km 19/10/2017 0,00 plazas
BENXAMÍN 33 inscritos 10:35 0,32 km 19/10/2017 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 55 inscritos 10:30 0,32 km 19/10/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 298 inscritos

XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

  • Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo 
  • Colabora tecnicamente: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
  • Outros colaboradores: Coca Cola, Club de Atlet. Arumes-Área 10, Centro de Estudos do Corgo, Protección Civil de Lugo, Subdelegación do Goberno.

INSCRICIÓN: Ata o xoves, día 19 de outubro ás 13:00 h.

SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES

  • Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
  • Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
  • Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
  • Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
  • Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
  • Zona de lecer para nenos.
  • Área recreativa (zona axardinada, merendeiro...).
  • Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).

PREMIOS

  • Prebenxamín e benxamín: trofeo para o primeiro de cada categoría, medalla especial para o segundo clasificado (diferenciando homes e mulleres) e medallas para o resto de participantes. Camisetas para todos.
  • Alevín, infantil, cadete e xuvenil: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para todos.
  • Iúnior, promesa, senior e veteranos: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para os 150 primeiros.
  • Carreira absoluta (5300 m), diferenciando homes e mulleres.

Primeir@: 100 €

Segund@: 75 €

Terceir@: 50 €

  • Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría empadroados no concello do Corgo.
  • Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade
  • A entrega de premios será en fronte do CEIP do Corgo e comezará, aproximadamente, ás 12:15h.