Cabana de Bergantiños, sábado, 23 de setembro de 2017

IV CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA.

A IV Carreira Popular Dolmen de Dombate”, enmárcase dentro do convenio de xestión do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate entre o Concello de Cabana de Bergantiños e a Deputación Provincial da Coruña.

A Carreira Popular ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable, e acercar implicar tamén á poboación en xeral para que visite e se conciencie da importancia do xacemento do Dolmen de Dombate.

Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as (dende os 3 anos) como adultos.