Monterrei, domingo, 05 de novembro de 2017

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONTERREI

A IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONTERREI – MONTERREI é 10, está organizada polo CONCELLO DE MONTERREI en colaboración coa ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA e celebrarase o domingo día 5 de novembro de 2017. 

  • A saída e meta estará situada na rúa Progreso, na localidade de Albarellos, a carón da Casa de Cultura de Monterrei, onde se entregarán os dorsais.
  • Inscricións: Recibiránse inscricións a partir do 13 de outubro ata o 2 de novembro ás 23:59
Horario
10:30 para a carreira Infantil-Cadete (2.000 m.)
10:50 para a carreira Benxamín-Alevín (1.000 m.)
11:15 para a carreira Absoluta (10.000 m. homologados pola RFEA)
12:35 para a carreira prebenxamín (400 m.)
12:45 para a carreira pitufos (200 m.)