Curtis, sábado, 01 de xullo de 2017

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. CTO DE GALICIA 5K. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5K FEMININO 36 inscritos 19:00 5 km 28/06/2017 5,00 plazas
5K MASCULINO 99 inscritos 19:00 5 km 28/06/2017 5,00 plazas
INF - CAD 23 inscritos 18:30 2,5 km 28/06/2017 0,00 plazas
BENX - ALEV 29 inscritos 18:20 1 km 28/06/2017 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 19 inscritos 18:10 0,5 km 28/06/2017 0,00 plazas
PITUFO 15 inscritos 18:00 0,3 km 28/06/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 221 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CAMPIONATO 174 inscritos 19:00 5 km 27/06/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 174 inscritos

XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes organiza o sábado 1 de xullo de 2016 a partir das 18:30 horas, a IV edición da Carreira Popular Curtis-5K na localidade de Curtis. Esta proba pertence ao V Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 5 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e será a súa vez o  VIII Campionato de Galicia de 5 km en ruta. 

SAÍDA: A saída das probas estará ubicada na rúa Mestre Eduardo Fariña (diante do polideportivo de Curtis). 

INSCRICIÓNS POPULARES: Data límite o mércores 28 de xuño ás 23:59 horas. 

As inscricións do Campionato de Galicia de 5 km en ruta faranse a través da web da RFEA con prazo limite o martes anterior á proba ás 20.00 horas. Máis información na Circular do Campionato.

RECOMÉNDASE FACER AMBAS INSCRICIÓNS, NA CARREIRA POPULAR E NO CAMPIONATO DE GALICIA SE DESEXA ENTRAR NA PREMIACIÓN POPULAR.

PREMIOS e AGASALLOS

PARTICIPANTES NA CARREIRA POPULAR

  • Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no regulamento da Proba, agás nas categorías pitufo e prebenxamín  que se darán medallas a todos/as os/as participantes.
  • Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
  • Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
  • Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.

PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE GALICIA DE 5 KM EN RUTA

  • Medallas para os/as atletas participantes no Campionato de Galicia de 5 km en ruta, serán as referidas na circular do campionato que poderase consultar a través da páxina web www.atletismogalego.org.


REGULAMENTO DO CIRCUÍTO