Ponteceso, domingo, 11 de xuño de 2017

IV CARREIRA PEDESTRE PR-G148 CONCELLO DE PONTECESO. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 206 inscritos 10:40 8 km 09/06/2017 0,00 350 plazas
Inscrición finalizada Total: 206 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
AFECCIONADOS 38 inscritos 10:00 2 km 09/06/2017 0,00 100 plazas
Inscrición finalizada Total: 38 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MENORES 101 inscritos - - 09/06/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 101 inscritos

XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

Esta proba naceu co obxecto de dar a coñecer a ruta de sendeirismo PRG–148, non podendo percorrela na súa totalidade, tivemos que modificar o circuíto que había trazado inicialmente e levalo  por outros puntos do noso municipio, polo tanto, o obxecto da carreira é un fin “turístico-deportivo”,  para dar a coñecer unha pequena parte do noso concello a través da carreira, actividade física saudable que suma adeptos día a día.

Proba  incluída no IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

A proba principal terá un percorrido de 8 quilómetros e unha duración máxima dunha hora. Trátase dunha carreira pedestre(50% asfalto e 50% terra - herba) que percorrerá varias das parroquias do Concello de Ponteceso (Cospindo e Tella), discorrendo principalmente por vías de titularidade municipal, provincial e autonómica.

HORARIO

  • 10:00h  Afeccionado     2 Km
  • 10:40h  Absoluta     8 km aprox.
  • 11:45h  Cadete e Xuvenil     2.400m aprox.
  • 12:00h  Entrega de trofeos e premios as categorías anteriores
  • 12:30h  Infantil     1.500m aprox.
  • 12:40h  Alevín     1.000m aprox.
  • 12:50h  Benxamín     500m
  • 13:00h  Prebenxamín     200m
  • 13:05h  Pitufo     100m
  • 13:15h  Entrega de medallas a estas categorías

INSCRICIÓNS: formalizaranse ata o día 9 de xuño de 2017 ás 14:00h (Prazo ampriado)

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: farase nun espazo habilitado para tal fin, próximo á praza do Relleno, a partir das 8:45h e permanecerá aberta ata 30 minutos antes do inicio de cada carreira.

SEERVIZOS:

  • A organización contará co servizo de ambulancia e médico a disposición dos usuarios en caso necesario.
  • Na metade do percorrido, aproximadamente, proporcionarase a cada corredor/a auga e ao final da proba auga e unha peza de froita.
  • Os/as participantes terán servizo de consigna na Praza do Relleno.
  • Os/as participantes poderán facer uso do pavillón polideportivo municipal de Ponteceso, para ducharse e/ou cambiarse, a partir das 10:30h.
PREMIOS
  • A proba dos dous quilómetros é unha proba absoluta e levarán trofeo e/ou medallas os tres primeiros clasificados de cada xénero. O primeiro/a clasificado/a levará un premio especial.
  • A proba dos oito quilómetros, levarán trofeo e/ou medallas os tres primeiros clasificados por categorías e xénero. Tamén haberá premios especiais para os tres gañadores absolutos de ambos xéneros. (Os premios nos serán acumulativos)
  • Na proba cadete e xuvenil, levarán trofeo e/ou medallas os tres primeiros clasificados e clasificadas.
  • Na proba infantil, alevín e benxamín haberá medallas para os tres primeiros clasificados e clasificadas. Os/as prebenxamíns e os/as pitufos levarán medalla, como mínimo, os 10 primeiros clasificados/as.
  • Haberá trofeo especial ao atleta local de maior idade.

REGULAMENTO DO CRICUÍTO