Santiago de Compostela, domingo, 14 de maio de 2017

IV CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA FEMININA 23 inscritos 10:00 15 km 11/05/2017 8,00 plazas
ABSOLUTA MASCULINA 229 inscritos 10:00 15 km 11/05/2017 8,00 plazas
MENORES 204 inscritos - - 11/05/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 456 inscritos
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, organiza o domingo 14 de maio de 2017 a IV Carreira Camiño das Letras, cunha proba absoluta desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura  e cun circuíto para as categorías de menores nos exteriores da Cidade da Cultura. Esta proba, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo dos Camiños de Santiago.

Horario
10:00 h - ABSOLUTA 15.000 m aprox.
10,30 h - CADETE-XUVENIL NENAS-NENOS 3.000 m aprox.
10,45 h - ALEVÍN-INFANTIL NENAS-NENOS 1.500 m aprox.
11.30 h - PREBENXAMÍN-BENXAMÍN (NENOS E NENAS) 700 m aprox.
11.45 h - PITUFOS (NENOS E NENAS) 200 m aprox.

Inscricións: aberta ata o xoves 11 de maio ás 23.59 horas. (Prazo ampliado) Non se aceptarán inscricións fóra do prazo establecido.
Entrega de dorsais:
A entrega dos dorsais realizarase na tenda de deportes 3&Run By Pedro Nimo na rúa Restollal 35 baixo, Santiago (fronte a Hipercor), nos seguintes días e horarios:
  • Venres, 12 de maio, de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas
  • Sábado, 13 de maio, de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas
De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición situada na Cidade da Cultura, entre as 8.30 e as 9.30 horas, para a carreira de
adultos e ata as 10.15 horas para as carreiras de menores.
Avituallamentos: Estableceranse tres puntos de avituallamento nos quilómetros 4, 8 e 12 da carreira, onde se abastecerá de bebida aos atletas. Na liña de meta, facilitarase a hidratación dos participantes, coa entrega de auga, bebidas isotónicas, froita e barriñas de cereais ou de chocolate.
Servizos 
  • A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia, ademais dun fisioterapeuta para urxencias musculares.
  • A organización porá á disposición dos participantes un servizo de gardarroupa na zona de saída que trasladará á zona de meta a roupa deportiva depositada nel, un servizo de duchas no Multiusos de Sar e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de saída.
OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8,30 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9.35 HORAS