Vigo - R.C. CELTA, sábado, 08 de abril de 2017

III MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MILLA 20 inscritos - 1,61 km 06/04/2017 5,00 plazas
CADETE 13 inscritos 11:20 0,6 km 06/04/2017 0,00 plazas
INFANTIL 29 inscritos 10:00 0,5 km 06/04/2017 0,00 plazas
ALEVÍN 22 inscritos 10:20 0,5 km 06/04/2017 0,00 plazas
BENXAMÍN 31 inscritos 10:40 0,5 km 06/04/2017 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 49 inscritos 11:00 0,1 km 06/04/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 164 inscritos
O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Econocom, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán conxuntamente o “III MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”. 

Será a terceira edición dunha competición na que, como organizadores, pretendemos achegar ás pistas de atletismo os atletas populares e as súas familias, deixando por un día o asfalto polo tartán. 

A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial. Haberá cronometraxe eléctrica controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 

  • Inscricións: O prazo de inscrición rematará o xoves 6 de abril ás 20:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo. 
  • Entrega do dorsal: Os dorsais recolleranse na zona de secretaría da pista o mesmo día da competición, cunha hora de antelación sobre a proba na que se participe. 
  • Horario
10:00 h 500m. INFANTIL M – H 
10:20 h 500m. ALEVÍN M - H
10:40 h 500m. BENXAMÍN M - H     INICIO DA ACTIVIDADE ¿XOGAS O ATLETISMO?
11:00 h 100 m. PRE-BEXAMÍN M - H
11:20 h 600 m. CADETE M - H
11:40 h Milla. XUV. ata VET. MULLERES
12:00 h Milla. XUV. ata VET. HOMES

Premios: Entregarase trofeo o 1º clasificado e medallas o 2º e 3º clasificado de cada proba e categoría. Todos os atletas de categoría pre-benxamín recibirán unha medalla conmemorativa da proba. Ademais, entregaranse outros agasallos doados polos patrocinadores da competición.