Santiago de Compostela, domingo, 10 de abril de 2016

III MEDIASAN DO CAMIÑO 2016

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA 451 inscritos 10:00 21,1 km 15/02/2016 12,00 plazas
01/04/2016 15,00
07/04/2016 18,00
Inscrición finalizada Total: 451 inscritos
O Concello de O Pino e a Federación Gallega de Atletismo organizarán coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, o domingo 10 de Abril de 2016 o III edición da “MediaSan do Camiño”, proba que terá unha distancia aproximada de 21.097,50 metros (proba NON homologada). A proba dará comenzo ás 10:00 horas da mañá.

Circuito: A saída estará ubicada na localidade de Arca-Pedrouzo, derradeiro punto do Camiño de Santiago. A meta estará ubicada na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela e o circuito transcurrirá pola derradeira etapa do Camiño de Santiago. Os participantes deberán situarse na liña de Saída, na localidade de Arca-Pedrouzo, 10 minutos antes da hora prevista pola organización para a saída da carreira. A hora da saida da proba se producirá ás 10:00 horas da mañá.
Inscricións: ata o 06/04/2016 ás 23:59 horas. Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido nin o día da proba.
Entrega de dorsal/chip e bolsa de corredor: A entrega de dorsais/chip e bolsa de corredor realizarase con anterioridade na planta de deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés - Hipercor) nos seguintes días e horarios:
  • Venres 08 de abril de 10:00 a 22:00 horas.
  • Sábado 09 de abril de 10:00 a 22:00 horas.
De xeito excepcional permitirase a recollida do dorsal/chip e bolsa de corredor o día da proba entre ás 08:30 e as 09:15 horas na Praza do Obradoiro (lugar de chegada da proba).
Avituallamentos: Nos puntos kilométricos 5, 10, 15 e na liña de Meta para favorecer a hidratación dos participantes. 
Servizos: A organización porá a disposición dos participantes o servizo de gardarroupa na zona de meta e na saída que trasladará á zona de meta todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de SAIDA.

OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE A DÁRSENA DE AUTOBUSES UBICADA NA AVENIDA DE XOAN XXIII CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 08.15 HORAS DA MAÑÁ E EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 09.15 HORAS. PREGASE NON DEIXAR O TRANSPORTE PARA A ÚLTIMA VIAXE. 

Haberá servizo de duchas no polideportivo municipal de Lorenzo de La Torre desde ás 11.30 ata as 14.00 horas do mediodía.

Premios en metálico individuais:
Absoluta homes/mulleres 1º/ª Trofeo e 400 €
Absoluta homes/mulleres 2º/ª Trofeo e 250 €
Absoluta homes/mulleres 3º/ª Trofeo e 150 €
Absoluta homes/mulleres 4º/ª 100 €
Absoluta homes/mulleres 5º/ª 75 €
Absoluta homes/mulleres 6º/ª 50 €

Premios a clubes federados: Establecerase pola suma dos postos dos 6 primeiros clasificados do clube. Deberán rellenar a opción de “Participa na clasificación de clubes” no formulario de inscrición individual de cada un dos compoñentes do clube. Nesta clasificación só poderán tomar parte os clubes federados no deporte do atletismo con atletas con licencia federativa en vigor, feito que se comprobará unha vez remate o prazo de inscrición da proba. 
Clubes Absoluta Trofeo e  300 €
Clubes Absoluta   Trofeo e 200 €
Clubes Absoluta Trofeo e 100 €

Agasallo “finisher”: Todos os participantes que logren rematar a proba recibirán un agasallo de organización “finisher”. Este obsequio será personalizado da MediaSan do Camiño 2016.