Ames, sábado, 09 de setembro de 2017

I CARREIRA DA FAMILIA 2017 – AXUDA EN FAVOR DE ASANOG

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 0 inscritos 10:30 5,5 km 12/10/2017 7,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 0 inscritos
A carreira da FAMILIA 2017 é un actividade organizada polo Concello de Ames a través da súa Concellería de Deportes. Consistirá nunha carreira a pé que se celebrará xunto cun programa de actividades no cal tomarán parte asociacións e clubs do Concello de Ames.
A participación será individual ou en familias monoparentais ou de máis integrantes, compostos por avós/aboas ou pai/nai e fillos/as.
Toda a recadación do día irá destinada a ASANOG, “Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia”, unha asociación sen ánimo de lucro que nace en 2012 para contribuir no ámbito da nosa comunidade a mellorar o estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias. 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
  • 10:00 h Entrega de dorsais e bolsa regalo na carpa organización
  • 10:30 h Inicio da actividade. Sesión musical, animación, baile e DJ
  • 11:00 h Sesión de quecemento grupal 
  • 11:15 h Carreira da Familia  - 3000 m aproximadamente
  • 11:45 h ACTIVIDADES LUDICAS PARA A FAMILIA
  • 12:00 h INCHABLES E XOGOS PARA NENOS/AS
  • 13:00 h SORTEO DE AGASALLOS E ENTREGA DE PREMIOS – FIN DE FESTA