Arzúa, domingo, 24 de setembro de 2017

CLÁSICA TGM-TOLDOS GÓMEZ ARZÚA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA 10KM 140 inscritos 10:30 10 km 21/09/2017 5,00 plazas
INF-CAD-XUV 12 inscritos 12:00 2 km 21/09/2017 3,00 plazas
BENX - ALEV 30 inscritos 12:20 1 km 21/09/2017 1,00 plazas
PITUFOS 62 inscritos 12:30 0,1 km 21/09/2017 1,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 244 inscritos

A I Carreira Popular de Atletismo “Clásica TGM-Toldos Gómez, Arzúa 2017”, organizada por Lena Eventos e a FGA (Federación Galega de Atletismo) celebrarase o día 24 de Setembro do 2017. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Inscricións: Ata o 21 de setembro ás 23:59, pechándose definitivamente toda posibilidade de inscrición.
Retirada dorsais e chips: na secretaría instalada nas inmediacións da saída a partir das 9:00 da mañá, ata 30 minutos antes de cada proba.
Servizos: Co fin de dar as maiores facilidades a todos os participantes neste evento, a Organización ofrecerá os seguintes servizos de forma gratuíta:
  • Duchas (Coordenadas GPS del campo - Latitude: 42.930694580078 Lonxitude: -8.1568441390991, No polideportivo municipal do Viso, a 0,5 km aproximadamente)
  • Gardarroupa (rúa Padre Pardo)
  • Avituallamento final ( liña de saída, e no punto kilométrico 5 para a 10k)
Premios: 
  • Medallas ós 3 primeiros clasificados/as para todas as categorías: Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Junior, Promesa, Seniror e Veteranos (1, 2, 3 e 4)
  • Na categoría de pitufos, todos os participantes, agasallo conmemorativo.
  • PREMIO TOLDOS GÓMEZ para o gañador e gañadora da proba de 10Km
  • Coa retirada do dorsal, levarán como agasallo unha camiseta conmemorativa da carreira.
  • Na bolsa de avituallamento levarán tódolos participantes inscritos na carreira un vale desconto para material deportivo, cortesía da tenda SPORT MODA.
  • Haberá un queixo de Arzúa de agasallo para:
  • O participante máis veterano que finalice a carreira (masc. e fem.)

    O aleta local mellor clasificado nos 10Km (masc. e fem.) 

    Categorías dende junior a veteranos, ó primeiro clasificado (masc. e fem.)

Ó longo da mañá, haberá un espectáculo gratuíto de maxia a cargo de “O Mago Charly Braun” e un taller de maxia, para o disfrute de todos, dende grandes a pequenos, e unha contacontos.

Estará presente un fotógrafo profesional, Manuel Blanco, gañador de varios premios fotográficos, aínda que se colgarán as fotos na páxina web www.lenaeventos.com, as fotos orixinais poderán mercarse a través da súa páxina: http://manuelblancofoto.wix.com/manuelblancofoto