Muros, domingo, 19 de marzo de 2017

CIRCUITO TRAIL GALAICA 2017. CONCELLO DE MUROS

TRAIL GALAICA é un circuito de carreiras de montaña que explorará os rincóns máis ocultos e as fronteiras máis inexploradas da xeografía galega. Tratará de ensalzar, a partir dunha actividade deportiva de moda como o trail, os montes galegos e poñelos en sintonía cos deportistas que acepten o "reto" do trail de montaña.

TRAIL GALAICA - Qué é Trail Galaica?

Acunando o lema de “SERÁ POR MONTE”, queremos resaltar a nosa Galicia como unha das comunidades autónomas con máis montaña onde case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda ou unha montaña emblemática.

TRAIL GALAICA quere aproveitar esa beleza paisaxística para a promoción do deporte a través do trail-running. En cidades ou pobos, o circuito de carreiras de montaña galego comporase de varias probas distribuidas por toda a xeografía galega nas cales se poderá participar de xeito independiente ou tomando parte nun circuito que terá puntuacións en cada proba para realizar a clasificación e premiación final do mesmo.

Seis probas conforman o circuito, sendo as localizacións de Ames, Muros, A Pobra, A Baña, Boborás e Ribeira Sacra as encargadas de dar cabida aos deportistas que tomen parte de cada unha das probas, quedando o calendario distribuido da seguinte maneira:

  • 26 DE FEBREIRO - CONCELLO DE AMES
  • 19 DE MARZO - CONCELLO DE MUROS
  • 7 DE MAIO - CONCELLO DE A POBRA
  • 11 DE XUÑO CONCELLO DE A BAÑA
  • 29 DE XULLO - CONCELLO BOBORÁS
  • 24 DE SETEMBRO - RIBEIRA SACRA

PERCORRIDOS DO TRAIL DE MUROS