Cacheiras - Teo, sábado, 22 de abril de 2017

CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2017. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 22 de abril de 2017 en horario de mañá e de tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2017 - Concello de Teo.

A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará como a pasada edición a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba absoluta e andaina discorrerán polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís.
Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e rematará no cumio de Montouto.