Ourense, domingo, 22 de outubro de 2017

CARREIRA DA CARBALLEIRA. VII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE

Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no Municipio, especialmente as de carácter popular.
O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o VII Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

A Comisión Técnica está formada por:
  • Francisco Javier Vázquez Fernández (Colexio Divino Maestro): Carreira do Vinteún.
  • Óscar del Campo Rodríguez (Esprintes Ourense): Carreira de O Couto.
  • Ángel Fidalgo Vázquez (Delegación Ourensana de Atletismo): Carreira do Centro.
  • Eladio Gómez Rosales (Club Deportivo Aurum): Carreira da Zona Universitaria.
  • José Antonio Álvarez Pérez (Club Ourense Atletismo): Carreira da Ponte.
  • Arturo Rodríguez Pérez (Asociación de Veciños Carlasca): Carreira da Carballeira.
  • Mario González Rodríguez (Xerente do Consello Municipal de Deportes)