Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Lugo, domingo, 26 de novembro de 2017

CARREIRA CAMPUS TERRA DA USC

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER B 52 inscritos 11:30 7,4 km 23/11/2017 5,00 plazas
MÁSTER A 57 inscritos 11:30 7,4 km 23/11/2017 5,00 plazas
SENIOR 33 inscritos 11:30 7,4 km 23/11/2017 5,00 plazas
SUB 23 11 inscritos 11:30 7,4 km 23/11/2017 5,00 plazas
SUB 20 3 inscritos 11:30 7,4 km 23/11/2017 5,00 plazas
Inscribirme Total: 156 inscritos
O Servizo de deportes da Universidade de Santiago de Compostela organiza a I Carreira Popular Campus Terra da USC. A proba organizarase o próximo domingo día 26 de Novembro ás 11:30 horas, con saída e chegada no Estadio de atletismo Gregorio Pérez Rivera.

Inscrición: As inscricións pecharanse o xoves día 23 ás 23:59 h. Da cantidade solicitada en de cada inscrición, será doado 1 á Fundación galega contra o narcotráfico
Retirada de Dorsais:
  • O sábado día 25 dende as 16:00 ate as 20:00h no Edificio Biblioteca Intercentros do Campus Terra de Lugo.
  • Tamén o día da proba na zona habilitada pola organización, dende as 9:30 ata media hora antes da saída da proba.
Premios: 
  • Todos os participantes recibirán unha camiseta técnica (Tallas segundo a dispoñibilidade), que dene a organizacion pregamos sexa utilizada o día da carreira.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta. 
  • Haberá un trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo.
  • A entrega de premios será no Estadio Gregorio Pérez Rivera e comezará, aproximadamente ás 12:30h.
  • Haberá unha clasificación universitaria Galaica-Duriense; para puntuar serán precisos un mínimo de 2 mulleres e 2 homes que cumpran a condición de universitarios e que finalicen a proba (terán consideración universitaria o alumnado, o PAS e o PDI)
Servizos para os participantes:
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Servizos na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no propio Estadio.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Avituallamento líquido no km 4 da proba.
7. Ambulancia con médico.

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela 
Colaboran: O Concello de Lugo e a Federación Galega de Atletismo.