Vigo, domingo, 05 de novembro de 2017

10ª CARREIRA POPULAR VIGO +11 “TROFEO EL CORTE INGLÉS”

TRÍPTICO DA CARREIRA

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio de El Corte Inglés, e a colaboración do Concello de Vigo, organizan a 10ª Carreira Popular VIGO +11 “Trofeo El Corte Inglés”, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.

  • Saída e Meta: Rúa Concepción Arenal esquina Rúa Luis Taboada
  • Avituallamento para tódolos participantes na rúa Tomás A. Alonso, fronte a Barreras, e na rúa Venezuela antes de El Corte Inglés.
  • Inscricións: ata o día 2 de novembro ás 24:00. Ou en El Corte Inglés ata o 2 de novembro ás 21:00 h. Non se admitirán inscricións fóra de prazo, nin o mesmo día da carreira.
  • Entrega de dorsais e chips: Efectuarase en El Corte Inglés de Vigo o día 4 de novembro, desde as 11:00 ás 21:00 horas, na Planta 5ª e o día da Carreira na liña de meta a partir das 9:00.
  • Servizos: Haberá servizo de duchas no Real Club Náutico de Vigo a disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas.

Premios: Recibirán trofeo, os tres primeiros clasificados, tanto masculino como feminino, de cada categoría. Excepto sub8 da que non se fará clasificación e recibirán un detalle en meta todos.

Premios en metálico (carreira 10,6 km)

300 € 1º absoluto masculino 1ª absoluta feminina

150 € 2º absoluto masculino 2ª absoluta feminina

100 € 3º absoluto masculino 3ª absoluta feminina

A proba está incluída no circuíto Run Run Vigo do Concello de Vigo.